As SAI (Fontes de alimentación ininterrumpidas para ordenador) son un sistema sinxelo e barato de producir electricidade convencional a partir dunha batería. Se as desconectamos da rede e lle engadimos un panel solar para recargar a batería interna xa temos un pequeno sistema enerxético autónomo que pode empregarse en aplicacións de baixo consumo. O prototipo serve desde hai tempo para a iluminación dun muíño hidráulico en Beade-Valadares (Vigo).
Este equipo presentámolo no “Encuentro Solar 2007” celebrado no Parque de las Ciencias de Granada:
- Artigo en castelán: minikit_solar_artigo_cas
- Artigo en galego: minikit_solar_artigo_gal
- Póster en castelán: minikit_solar_poster_cas_2
- Póster en galego: minikit_solar_poster_gal_2