Proxecto Medidor Ambiental 2021

Nestes últimos tempos todos oimos falar de termos como ventilación cruzada, ACH ou ppm de CO2. Desde o comezo da pandemia os científicos teñen investigado arreo sobre a propagación do coronavirus a través do aire, porén aínda falta moita información sobre o tema. Para axudar neste esforzo común o Departamento de Electrónica do IES Escolas Proval, o IES Val Miñor e a empresa empresa Hermes Smart Control solicitamos á Consellería de Educación un Proxecto de Innovación en FP que consiste na posta en marcha dunha rede de medidores nas aulas con distintos prototipos feitos polos departamentos de Electrónica e Tecnoloxía, coa colaboración do departamento de Física e Química para a definición de protocolos e análise de resultados. Son prototipos conectados á rede, illados, con pantalla ou sen ela, que miden varios parámetros como dióxido de carbono, temperatura, humidade ou luz ambiente, con alarma vía web e incluso que envían información por Telegram. O alumnado tamén participa no deseño e montaxe dos prototipos e no estudo da información recollida. O IES Proval actúa como centro de desenvolvemento e ensaios, a empresa creará o seus propios medidores e explorará a viabilidade comercial do sistema e o Val Miñor aportará traballos previos e tamén servirá de centro de ensaios. A concesión do proxecto e o orzamento asociado permite mellorar o sistema, estender a rede de medida e facer actividades de divulgación.

Os medidores xa están en funcionamento e os datos poden consultarse na web: http://codos.meteoproval.es

Difusión do proxecto en medios de comunicación:

http://hsci.info/hsci2021/templates/protostar/images/cab_site.png

En xullo de 2021 o Proxecto foi presentado no Congreso Hands-on Science que nesta ocasión foi en formato online. A continuación poñemos a información do congreso e a nosa presentación e vídeo:

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

En outubro de 2021 levamos o Proxecto Medidor Ambiental ao Congreso LACLO celebrado (virtualmente) en Arequipa, Perú. O título da ponencia foi “Cooperative and interdisciplinary project of carbon dioxide measurements for high school students”. As actas do congreso están dispoñibles no repositorio IEEEXplore.

E para rematar, dous artigos relacionados co Proxecto Medidor Ambiental presentaronse no XV Congreso Internacional de Tecnoloxía, Aprendizaxe e Ensino da Electrónica (TAEE 2022) celebrado en Teruel do 29 de xuño ao 1 de xullo de 2022. Este congreso bianual reúne a case 200 poñentes de universidades e centros de investigación de numerosos paises de Europa e América.

Esta entrada foi publicada en Congresos, Documentos, Publicacións. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta